Poio Pescamar gaña con autoridade en Cádiz (3-7)
Por Redacción
Colle velocidade de cruceiro o Poio Pescamar coa vitoria a domicilio sobre o Cádiz, nun partido que as rapazas de Marcio Santos resolveron pola vía rápida no primeiros quince minutos, nos que lograron unha vantaxe de tres goles que deixou sen capacidade de resposta ás gaditanas.
As galegas fixeron gala dun gran acerto na finalización. Así, tres o primeiros dez minutos de relativo equilibrio tanto no xogo como nas ocasións, Vanessa en menos dun minuto conseguía dous goles, o primeiro culminando un contragolpe e o segundo aproveitando un rexeite da porteira local Lucía, que inclinaron decisivamente o rumbo do partido.
Desde ese momento o Poio Pescamar dominou e controlou ás súas anchas, ampliando a diferenza cun potente remate de Iria. Pouco antes do descanso, nunha boa xogada individual Elena daba esperanzas ás súas.
Na continuación, a medida que pasaban os minutos o Cádiz víase obrigado a asumir máis riscos, e Patri nunha boa xogada combinativa de todo o seu equipo facía subir o 1-4 ao marcador.
Aínda que de novo Elena recortaba distancias, cun forte remate desde dentro da área nun balón rexeitado por Silvia, apenas un minuto máis tarde Ceci desde o bordo da área sentenciaba co quinto gol visitante.
Xa con xogo de cinco no conxunto local, Iria lograba o sexto. Natalia marcaba para as locais e de novo Iria nunha contra pechaba a goleada galega.
CÁDIZ (3): Lucía; Inma, Tere, María e Mari (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ana Tinoco, Elena, Emma, Paula, Natalia e Esmirri.
POIO PESCAMAR (7): Silvia; Ale de Paz, Jenny, Ceci e Patri (quinteto inicial). Tamén xogaron, Iria, Carolina, Vanessa, Mónica e Yolanda.
Árbitros: Rubén Andrades e Cristian López (Andalucía). Amoestaron a Inma e Elena no Cádiz.
Goles: (0-1) Minuto: Vanessa. (0-2) Minuto 11: Vanessa. (0-3) Minuto 15: Iria. (1-3) Minuto 18: Elena. (1-4) Minuto 24: Patri. (2-4) Minuto 32: Elena. (2-5) Minuto 33: Ceci. (2-6) Minuto 35: Iria. (3-6) Minuto 36: Natalia. (3-7) Minuto: 38 Iria.
Incidencias: Pavillón Mirandilla (Cádiz). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Un sólido Poio Pescamar vence en Soto del Real (0-2) e mira á parte alta da táboa
Por Redacción |
-
Viaxe a Madrid para un Poio Pescamar á alza
Por Redacción |
-
Segue crecendo o Poio Pescamar que golea ao Móstoles (5-1) e asoma aos postos de cabeza
Por Redacción |
-
Longo desprazamento para un Poio Pescamar que busca o seu segundo triunfo na liga
Por Redacción |
-
Triunfo agónico do Poio Pescamar sobre Cidade das Burgas (5-2)
Por Ramiro Espiño |
-
A Deputación, escenario da V Gala do Deporte Feminino Galego
Por Redacción |
-
Silvia Aguete regresa á Selección Española
Por Redacción |