O Club Xadrez Marín organiza o XIII Torneo San Miguel
Por Redacción
O Multiusos da Praza de Abastos de Marín será escenario o vindeiro domingo 8 de outubro da XIII edición do Torneo San Miguel de xadrez.
O evento foi presentado este xoves no Concello coa presenza do concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e o presidente do club organizador, o Clube Xadrez San Miguel, Miguel Pereira.
Trátase dun torneo de partidas rápidas, de 10 minutos por xogador, no que participarán xadrecistas de toda Galicia.
A competición arrincará ás 16:00 horas e contará con participantes desde a categoría sub-8 ata a absoluta.