Consello de Administración e accionistas minoritarios do Pontevedra preparan a próxima Xunta Xeral
Por Ramiro Espiño
Días de movemento continuo no Pontevedra. Se na parte positiva hai que anotar os pagamentos que comezaron a producirse ao equipo para aboar parte dos salarios atrasados, non sucede o mesmo na institucional, na que parece que a proximidade da data do 15 de abril, fixada para a celebración da próxima Xunta Xeral de accionistas, provoca senón nerviosismo, si polo menos certa preocupación.
Na tarde do martes as oficinas do club, en Pasarón, foron escenario dunha tensa reunión convocada polo presidente para analizar a situación da sociedade. En realidade máis que dunha sesión do Consello, se tratou dun cambio de impresións sen orde do día previo. Ademais dos integrantes do propio Consello, asistiu o máximo accionista, Nino Mirón, así como a asesora do presidente, Lupe Murillo.
Non houbo conclusións, pero si discrepancias importantes. Falouse da situación económica e de que fai falta unha inxección de diñeiro para chegar a final de tempada despois de satisfacer todas as débedas.
Algúns dos reunidos pediron explicacións sobre determinados aspectos, pero poucas cousas quedaron claras. Iso si, púidose saber que as minutas do administrador concursal e avogados asesores no procedemento están pendentes de pagamento, barallándose unha cifra próxima aos 80.000 euros en total, os cales, polo menos ata o momento, non aparecen reflectidos no presuposto da presente tempada que ha de someterse a aprobación da Xunta Xeral.
Como queira que algúns dos membros do Consello non están dispostos a volver protagonizar o bochornoso espectáculo da anterior Xunta, a reunión deuse por concluída decidindo que na semana próxima se realizará unha sesión do Consello para que o presidente dea conta previamente aos conselleiros dos números que serán presentados aos accionistas.
REUNIÿN DE ACCIONISTAS MINORITARIOS E PEÿAS
Mentres os colectivos de afeccionados, socios e accionistas minoritarios do Pontevedra seguen organizándose para concorrer á citada Xunta Xeral. Tras as dúas primeiras reunións preparatorias, volven convocar os afeccionados para unha nova reunión. Será na noite do mércores, ás 21:00 horas, e como as dúas anteriores realizarase cafetaría Avalon, na rúa Santa Clara, baixo a convocatoria dos colectivos de afeccionados Granavedra e Furya Granate.
Ambos os dous grupos intentan formar un único colectivo opositor, reunindo o máximo numero de accións para estar ámpliamente representados e deixarse oír na Xunta.
Alberto Argibay asistirá o mércores a unha reunión cos accionistas minoritarios
Se na segunda das súas reunións contaron coa presenza do postulado como posible candidato á presidencia, Jorge Pedrosa, nesta ocasión esperan a visita de que fose adestrador granate, Alberto Argibay, que xa tivo un protagonismo destacado na anterior Xunta de Accionistas, alzando a voz crítica contra a xestión do actual presidente do Consello, Mauricio Rodríguez.
AS PEÿAS ACOMPAÿARÁN O EQUIPO EN ÁS PONTES
No aspecto deportivo os afeccionados granates non queren deixar só ao equipo neste momento transcendental da tempada e así intentan congregar o maior número de seguidores para acompañar o equipo no próximo partido Nas pontes. Para tal efecto a peña Furya Granate fainos chegar o seguinte comunicado:
"Chegamos ao tramo decisivo da tempada, cando se deciden as cousas importantes, e cando realmente hai que dar a cara, como clube e como afección.
Entramos neste tramo fundamental da liga có equipo quinto clasificado e cos postos de promoción a tiro de pedra, tendo que xogar contra os rivais directos e dependendo unicamente de nós para disputar o play-off polo ascenso, é dicir, estamos de cheo na loita para acadar o obxectivo que nos marcamos alá polo mes de agosto.
Todo isto, grazas a uns xogadores que souberon abstraerse da nefasta xestión do clube, e que están a loitar por este escudo como fai anos que non se veía nesta cidade, a pesar de que estiveron mais de catro meses sen cobrar, que se di pronto.
Agora tócanos a nós, as siareiras e siareiros do Pontevedra C.F., dar un paso adiante e ir da man dos nosos xogadores para lograr o ansiado ascenso de categoría.
Por iso, desde Furya Granate aproveitamos para facer un chamamento a toda a afección, que nunca abandona ao equipo cando este máis a precisa, a que acuda en masa este domingo 7 de abril ao fundamental encontro que os granates desputarán en As Pontes.
O colectivo Furya Granate freta un autobús para o partido de As Pontes
Dada a distancia que separa ambas cidades, e a extrema importancia deste partido, dende o noso coletivo porase a disposicióndos siareiros un autobús, para que todo aquel que queira asistir a este vital encontro teña a posibilidade de facelo.
As condicións da viaxes explícanse a continuación:
SAÍDA: 12:30 h. do Pavillón dos deportes.
CHEGADA: 20:30 h.
PREZO: 15 (Viaxe + entrada).
Para apuntarse á viaxe ou obter máis información: Teléfono de contacto: 986161311. Correo de contacto: furyagranate2001@gmail.com".