Festa do deporte en Pintos coa 32 edición da súa carreira popular
Por Redacción
Atletas de todas as idades déronse cita este sábado no lugar de Pintos, na parroquia pontevedresa de Marcón, para gozar dunha divertida xornada deportiva.
A Carreira Popular de Pintos chegou nesta ocasión á súa XXXII edición, empezando cara ás 18:00 horas coas carreiras dos atletas máis novos.
Tras eles a idade foi subindo ata chegar á proba absoluta que pechaba a programación.
Tras a proba, organizada pola Asociación Cultural O Máis Alto de Marcón, sorteáronse diversos agasallos doados polos patrocinadores.
Ademais a carreira de Pintos mostrou un ano máis a súa cara solidaria ao colaborar co servizo de RedeAxuda organizando nuna recollida solidaria de alimentos.