O futuro do piragüismo galego ten unha cita na Illa
Por Redacción
A Illa de Arousa reunirá o vindeiro domingo 20 de agosto ás grandes promesas do piragüismo pontevedrés.
Concretamente será a praia do Bao a que acollerá a sexta regata da Liga Provincial Deputación de Pontevedra para as categorías alevín e benxamín.
Serán en total 525 deportistas de 21 clubs da provincia os que tomarán parte na competición, que arrincará ás 11:00 horas coa saída da categoría benxamín feminina e concluirá tras a competición alevín masculina, con saída ás 13:05 horas.
A Liga Provincial está a ser dominada polo momento polo Club Náutico de Pontecesures con 208 puntos, con catro de vantaxe sobre o Náutico O Muíño e oito sobre o Club As Torres.