Juan Quintas amplía o seu contrato co Teucro por unha tempada
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro comeza a ter perfilado o plantel co que regresará á máxima categoría do balonmán nacional.
O club azul anunciou este xoves a renovación por un ano de Juan Quintas, que cumprirá así a súa segunda campaña cos pontevedreses.
"Para min é un soño poder debutar na Liga Asobal", declarou o pivote ourensán despois de asinar a súa renovación e declarándose "moi contento".
Quintas, de 21 anos, chegou o pasado verán ao Teucro procedente do Academia Octavio vigués, colaborando na boa campaña dos de Quique Domínguez desde a responsabilidade en tarefas defensivas que outorgoulle o técnico do equipo.
Coa súa renovación son xa dez os xogadores confirmados para a próxima tempada: Jorge García Lloria, Javi Santana, Carlos García, Óscar Silva, Jose Manuel Rial, Borja Méndez, Dani Hernández, Ángel Iglesias, Johnny Medina e o propio Juan Quintas.
Relacionadas:
-
Renovación de Iván Fernández nun Teucro que ten case perfilado o seu plantel
Por Redacción |
-
O brasileiro Bruno de Castro, reforzo dun Teucro que camiña cara a internacionalización
Por Redacción |
-
A fichaxe do cubano Yoan Balázquez polo Teucro, pendente do recoñecemento médico
Por Diego Espiño |
-
Laura del Castillo, nova responsable da base do Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro 'pesca' en Italia a súa primeira fichaxe para a Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Outra renovación clave para o Teucro, que consegue a continuidade de José Manuel Rial
Por Ramiro Espiño |
-
Carlos García, renovado: a SD Teucro seguirá contando co seu capitán en Asobal
Por Alejandro Espiño |
-
García Pichel abandona a SD Teucro tras catro tempadas no club
Por Redacción |
-
Nova baixa na SD Teucro: o central Román Pereira non seguirá no club
Por Redacción |
-
Javi Santana seguirá defendendo a portería do Teucro en Asobal
Por Alejandro Espiño |