O Poio Pescamar non pasa do empate en Majadahonda (3-3)
Por Redacción
Segue sumando o Poio Pescamar na súa carreira por concluír a liga o máis arriba posible na Primeira División, aínda que as vermellas tiveron que conformarse con rabuñar un empate na pista do Majadahonda (3-3).
O encontro comezou sen un dominador claro, pero foron as pontevedresas as primeiras en adiantarse aos sete minutos grazas a un disparo desde duera da área de Patri. Co gol mellorou o Poio, que tentaba saír en transicións rápidas e que, a tres minutos do descanso, lograba ampliar a súa renda cun tanto de Ceci de penalti, despois da expulsión dunha futbolista local. Encarrilaban o partido as de Marcio Santos, pero un erro de Silvia nun balón alto permitiu ao Majadahonda recortar distancias antes do descanso.
Xa no segundo tempo o conxunto madrileño subiu a intensidade do seu xogo para buscar o empate e logrouno no minuto 25 por medio de Sara. Non se engurrou o Poio, pero a seis minutos da conclusión o Majadahonda conseguía remontar.
Poñíase costa arriba o partido para as de Marcio Santos, que optaba polo xogo de cinco e conseguía igualar a falta de catro minutos co segundo tanto de Patri. Aínda houbo tempo para que as rojillas puidesen levar os tres puntos cun dobre penalti que desaproveitaron certificando o empate final.
MAJADAHONDA FSF (3): Lauri, Cels, Marta Rodríguez, Sara, Elena -cinco inicial- Arancha, Marta Mateo, Novoa.
POIO PESCAMAR (3): Silvia, Ale de Paz, Jenny, Ceci, Jessy -cinco inicial- Patri, Charo, Yolanda.
Goles: 0-1 Patri (min.7), 0-2 Ceci, de penalti (min.17), 1-2 Marta Mateo (min.17), 2-2 Sara (min.25), 3-2 Marta Rodríguez (min.34), 3-3 Patri (min.36).
Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal La Granadilla ante máis de 150 espectadores.
Relacionadas:
-
O descendido Rubí sorprende (3-1) a un Poio Pescamar que se despide da cuarta praza
Por Redacción |
-
Poio Pescamar ofrece aos seus o título da Copa Xunta cun triunfo sobre UCAM Murcia (3-2)
Por Redacción |
-
Sprint final do Poio Pescamar cara á cuarta praza
Por Redacción |
-
Oficial: a Copa de España de fútbol sala feminino xogarase en Poio
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Día de festa para o Poio Pescamar, que levanta a súa primeira Copa Xunta (2-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Poio Pescamar especialízase en gañar aos grandes e tamén supera ao Alcorcón (1-0)
Por Redacción |