O pavillón da Raña pásase ao judo
Por Redacción
O pavillón municipal da Raña, en Marín, deixa de lado por unha fin de semana a súa principal actividade, o baloncesto, e cambia de deporte para ser escenario do Campionato Galego Escolar de Judo.
Máis de 250 deportistas en idade infantil e cadete daranse cita nunha xornada que promete encher de bo ambiente as instalacións do pavillón marinense.
En concreto participarán 128 deportistas en idade infantil e 136 na cadete, con oito representantes do club anfitrión, o DOM+ de Marín, que parten con opcións de pelexar polo podio. Trátase de Andrea Insua, Ariadna Castro e Andrea Rodríguez en categoría cadete e Martín Arizaga, Manuel Cedeira, Sabela Couselo, Noelia Insua e Sabela Álvarez na infantil.
A competición disputarase este sábado 22 de abril de 10:30 a 19:30 horas con entrada de balde para o público.