Catro días de competición na busca dun premio, estar na fase final da Arousa Fútbol-7 alevín
Por Redacción
O estadio Manuel Jiménez de Vilagarcía será escenario durante este Semana Santa da fase previa de competición da XXII edición da Arousa Fútbol-7 Alevín.
Preto de 1.500 xóvenes futbolistas, de 80 clubs, competirán en dúas quendas (xoves e venres por unha banda e sábado e domingo pola outra) coa ilusión de poder enfrontarse na fase final a clubs do calibre de Real Madrid, Barcelona, Arsenal, Manchester City, PSG, Ajax, Atlético de Madrid, Celta ou Deportivo, entre outros.
Entre os inscritos na fase previa atópanse importantes clubs galegos como Pontevedra ou Racing de Ferrol, pero tamén outros da comarca como Ponte Caldelas, Meaño, Portonovo ou Atlético Cuntis.
Tamén terá carácter internacional esta fase clasificatoria, xa que participarán varios equipos chegados desde Portugal e tamén o Celta Brasov, chegado desde Romanía.
En xogo haberá catro prazas para a fase final da competición, prevista para os días 12, 13 e 14 de maio no Estadio da Lomba.