A Arousa Fútbol-7 completa o seu cadro final tras unha emocionante fase previa
Por Redacción
O Estadio Manuel Jiménez de Vilagarcía viviu con emoción durante os últimos días a fase previa da XXII Arousa Fútbol-7.
O torneo internacional alevín completou o cadro de competición da fase final prevista para os días 12, 13 e 14 de maio na Lomba coa presenza dalgunhas das mellores canteiras do fútbol mundial.
Na previa enfrontábanse 80 equipos con 4 billetes en xogo para acceder ao cadro principal da competición.
Os primeiros en atopar premio, no primeiro cuadrante, foron Xuventude Oroso e Pabellón, seguindo os seus pasos este domingo a ED Ourense e o Ural.
Desta forma a fase final da Arousa Fútbol-7 quedou da seguinte maneira:
- Grupo A: FC Barcelona, Real Madrid, Arsenal FC, Phoenix FC e Ural.
- Grupo B: Málaga CF, Valencia CF, FC Porto, AFA Angola e Pabellón.
- Grupo C: RC Celta, Atlético de Madrid, RC Deportivo, PSG e Xuventude Oroso.
- Grupo D: AFC Ajax, Vilarreal CF, Manchester City, gañador da Dallas Cup e ED Ourense.
Relacionadas:
-
Vilagarcía renovará este ano a herba artificial do campo de fútbol e rugby Manuel Jiménez
Por Redacción |
-
O Ajax holandés, vencedor dunha emocionante Arousa Fútbol-7
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Emoción, goles e ata a 'haka' no arranque da Arousa F-7
Por Redacción |
-
Catro días de competición na busca dun premio, estar na fase final da Arousa Fútbol-7 alevín
Por Redacción |