O Portonovo desperdicia a súa vantaxe e Unión Grove e Sanxenxo non pasan do empate
Por Redacción
Cada vez máis complicada está a volverse a situación do Portonovo, que encaixou ante o Valladares a súa segunda derrota consecutiva (2-3) e afúndese na clsificación de Preferente.
Os arlequinados adiantáronse ata en dúas ocasións, pero non foron capaces de aguantar a súa vantaxe.
Brian fixo o primeiro de penalti, pero os visitantes igualaron só cinco minutos despois. Repúxose a este golpe o Portonovo que antes do descanso volvía marcar por medio de Iván Dadín.
O Valladares empatou case na primeira xogada do segundo tempo, un gol que fixo dano ao de Pacho Oliveira, que viron como no minuto 73 o cadro visitante facía o definitivo 2-3.
Coa derrota o Portonovo queda na décimo oitava posición con 29 puntos.
Consulta a acta do Portonovo-Valladares.
Empate sen goles entre Unión Grove e Gondomar (0-0) nun partido disputado no campo de Monte da Vila.
O equipo meco acumula a súa cuarta xornada sen gañar, pero mantense nunha cómoda décima posición con 41 puntos.
Consulta a acta do Unión Grove-Gondomar.
Tampouco pasou do empate o Xuventú Sanxenxo a domicilio ante o Alertanavia (0-0).
Do mesmo xeito que o Unión Grove os amarelos acumulan 41 puntos en liga, para situarse no seu caso na décimo terceira posición.