A Gimnástica, dominadora do Campionato Galego de 10.000 metros
Por Redacción
O Campionato Galego de 10.000 metros celebrado a pasada fin de semana en Ourense tivo claro protagonismo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Dous dos tres primeiros postos da competición foron ocupados por atletas do club pontevedrés.
Manuel Hurtado foi o vencedor da carreira cun rexistro de 30:54.04, seguido na liña de meta a moi pouca distancia de Rubén Diz (31:02.69), que completou o dobrete da Gimnástica.
Tamén se celebrou o Campionato de Galicia de Milla en Pista, cun segundo posto de Adrián Lago, subcampión cun tempo de 4 minutos, 22 segundos e 65 centésimas sendo só superado por Ivo Maseda, do Lugo RC Ramos Lourés (4:21.06).
Relacionadas:
-
Título autonómico para a Gimnástica no Campionato Galego por equipos ao aire libre
Por Redacción |
-
Dominio da Gimnástica no Campionato Galego de Probas Combinadas
Por Redacción |
-
Resultados que reforzan o traballo de canteira da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
Andrea González consegue o subcampionato de España de lanzamento de xavelina
Por Redacción |