Resultados que reforzan o traballo de canteira da Sociedad Gimnástica
Por Redacción
A base da Sociedad Gimnástica segue ofrecendo bos resultados que demostran a continua progresión dos seus atletas. Os últimos casos déronse nas recentes competicións ás que acudiron o equipo benxamín, alevín e infantil e o cadete na Coruña e Antequera respectivamente.
Os máis pequenos desprazáronse ata A Coruña para participar no Campionato Galego Benjamín, Alevín e Infantil, onde Carla Rivas un ouro no salto de altura alevín, Helena Suárez unha prata no salto de pértega infantil e Daniel Fernández bronce na altura benjamín. Ademais André Martínez fixo dobrete cunha prata na altura infantil con 1.47 e ouro na lonxitude con 4.72 metros.
Todos os resultados do campionato pódense consultar na web da Federación Galega de Atletismo.
Pola súa banda, o equipo cadete da Gimnástica viaxou ata Antequera para participar no Campionato de España da súa categoría.
Raúl Cortizo conseguiu bater a súa mellor marca persoal no triplo salto (12,41 metros) para terminar na décima posición, mentres en lonxitude foi décimo sétimo (5,70 metros). Tamén melloraron a súa mellor marca Blanca Armenteros nos 600 metros (1:41.59) sendo quinta na súa serie e Paula de la Torre nos 1.000 metros (3:06.21) nos que foi sexta.