O Peixe Galego dá a sorpresa en Lleida e apura as súas opcións de permanencia (73-79)
Por Redacción
Aférrase á Liga LEB Ouro o Peixe Galego tras vencer este venres contra prognóstico na complicada cancha do Força Lleida (73-79) rompendo a súa mala xeira de resultados.
Os de Marín, aínda que seguen como pechacancelas da competición, recortan a distancia cos seus rivais pola permanencia e mostran a súa intención de loitar ata o final da competición polo obxectivo.
En Lleida o Peixe Galego mostrou unha gran imaxe defensiva, especialmente tras o tempo de descanso, e acabou decidindo o partido ao seu favor no último parcial.
Jason Cain foi a figura do partido grazas aos seus 22 puntos e 12 rebotes, pero estivo ben secundado en ataque por Derksen (18 puntos) e Jorge Romero (13) para manter con opcións de triunfo ao seu equipo ata o final.
O choque empezou con varias imprecisións por ambos os bandos e un Peixe Galego que se mostrou un pouco máis preciso para tomar unha lixeira vantaxe (16-20).
Con todo no segundo parcial, o peor do partido para os de Javi Llorente, o Lleida recuperou e empezou a encestar con comodidade (42-39) para chegar ao decanso mandando no marcador.
O encontro estaba a pesar de todo igualado e así se mantivo ata o inicio do último cuarto (58-56), cando esta vez o Peixe Galego non desfaleceu, deixou atrás a presión e logrou levar o duelo.
Relacionadas:
-
Peixe Galego queda sen marxe de erro ao perder en Oviedo (89-55)
Por Redacción |
-
A salvación afástase para un batallador Peixe Galego ao caer ante o poderío do Breogán (77-99)
Por Redacción |
-
Peixe Galego reduce as súas opcións ao caer fronte ante un Palencia dominador (74-84)
Por Redacción |
-
A permanencia cada vez máis lonxe para o Peixe Galego trala súa derrota en Cáceres (83-67)
Por Redacción |