Fútbol por Nadal no estadio de San Pedro
Por Redacción
O Estadio Municipal de San Pedro, en Marín, acolleu este venres a primeira das xornadas do tradicional Torneo de Nadal do Marín Club de Fútbol organizado polo Marín CF.
Oito equipos de categoría infantil déronse cita na sétima edición do torneo, divididos inicialmente en dous grupos de catro: Marín CF, Figueirido, Caldas A e Cobres por unha banda e Vila de Marín, Bueu, Caldas B e Portero 2000 polo outro.
Desde as 16:00 da tarde fóronse disputando todos os partidos nos dous campos habilitados ata a final das 20:30 horas.
O Torneo de Nadal do Marín CF terá continuación o próximo 30 de decembro na categoría alevín, na que ademais do club anfitrión competirán: Ancoradouro A, Figueirido e Portero 2000, Vila de Marín, Ancoradouro B, Beluso e I.D. Pontevedra.