Sant Adriá aprovéitase da falta de puntería do Arxil (45-50)
Por Redacción
Cando un equipo realiza ata 16 lanzamentos desde máis aló da liña de 6,25 para anotar só un (6% de efectividade), ten moitas papeletas para perder o partido. Iso foi o que lle sucedeu a un Arxil negado no tiro exterior fronte ao Sant Adriá, nun choque marcado pola baixa efectividade de ambos os ataques, cunhas porcentaxes de acerto realmente desoladores.
E é que se o Arxil necesitou nada menos que 63 tiros de campo para anotar tan só 20 e sumar un paupérrimo 32% de acerto, as catalás estiveron mesmo peor, realizando o mesmo número de lanzamentos a canastra, para anotar dúas menos cun desolador 29%. O malo para o conxunto local é que Sant Adriá arranxou minimamente a papeleta ao conseguir tranformar 8 tiros de 25 intentos triplos.
Nas de Mayte Méndez non funcionou practicamente nada e unicamente no aspecto reboteador estiveron mellor (50 contra 36), pero ata desde a liña de persoal o equipo verde protagonizou un dos seus partidos con maior desacerto, anotando 4 de 14 intentos (29%).
O Arxil notou especialmente a mala tarde de Waleska Pérez, que non conseguiu anotar nin un só punto, nos seus nove lanzamentos a canastra (0 de 5 en lanzamentos de dous e 0 de 4 en triplos), a pesar de estar máis de 33 minutos en pista.
As locais anotáronse o primeiro parcial (16-13), pero no segundo comezou o seu afundimento (6-14) para retirarse ao descanso cinco puntos abaixo (22-27).
Na continuación non melloraron as cousas e Sant Adriá, sen facer grandes méritos, mantivo a renda (13-15), deixando o partido aberto para o últimos dez minutos, nos que o Arxil só puido imporse por dous puntos (10-8) para chegar a ese cortísimo tenteo de 45-50 favorable ás visitantes.
Consulta aquí as estatísticas do Arxil-Sant Adriá.
Relacionadas:
-
O Universitario Ferrol, demasiado rival para o Arxil no Cidade de Pontevedra (63-81)
Por Redacción |
-
O Arxil descoñece o paradoiro da venezolana Waleska Pérez tras non regresar das vacacións do Nadal
Por Diego Espiño |
-
O Universitario de Ferrol da Liga Feminina, convidado ao Torneo de Nadal do Arxil
Por Redacción |
-
A recuperación do Arxil pasa por un dos equipos máis en forma da liga
Por Redacción |
-
Minata Keita e María Lago lideran o triunfo do Arxil en Azkoitia (55-71)
Por Redacción |
-
O Arxil afúndese no último cuarto e encaixa unha nova derrota en Vilagarcía (67-55)
Por Redacción |