Os xogadores do Pontevedra plántanse polos impagamentos
Por Diego Espiño
O apartado económico volve deixar nun segundo plano informativo aos asuntos deportivos no Pontevedra Club de Fútbol, despois de que o primeiro equipo anunciase tras o adestramento do mércores a súa intención de rebaixar un día de traballo á semana mentres persistan os non pagamentos, segundo adianta Marcos Quintas en Faro de Vigo.
Os capitáns comunicáronllo a Milo Abelleira baseándose nos máis de tres meses que levan sen cobrar e na difícil situación económica que iso provoca en moitos xogadores, que se teñen que desprazar a diario dende diferentes lugares para acudir aos adestramentos co gasto que iso leva consigo, como explica Moisés Pereiro, "es una situación que no se la recomendamos a nadie. No se trata de una medida de presión, simplemente que hay compañeros que son de fuera y no pueden asumir la gasolina u otros gastos, hay jugadores que están pasando muchos problemas".
A decisión, aínda que repentina, non colleu por sorpresa o técnico granate, que asegura entender ao plantel, "me pidieron cancelar el viernes porque es un entrenamiento de recuperación y con la psicóloga. Para mí es importante pero entiendo lo que están pasando, tal y como estamos venir desde Tomiño, Redondela o Vigo... el problema ya lo conocíamos".
"Hasta que no entren las subvenciones nada pero con nosotros los bancos no esperan"
Dende o Consello de Administración, segundo Moisés Pereiro, alegan un problema de liquidez pero comprométense a cumprir antes de remate a tempada, "dicen que depende de las administraciones, hasta que no entren las subvenciones nada pero con nosotros los bancos no esperan. Nos han dado la palabra de que a 30 de junio estarán al día, que los primeros que vamos a cobrar seremos nosotros".
Polo momento os xogadores, que volverán adestrar este sábado para preparar o encontro ante o Somozas, non pensan realizar outras medidas de presión esperando a reacción dos dirixentes do club.