Respira o Unión Grove cun claro triunfo, o Sanxenxo salva un punto e o Portonovo volve caer
Por Redacción
Importante triunfo do Unión Grove na casa do Gondomar (0-3), que lle permite coller aire na clasificación do Grupo Sur de Preferente.
O cadro meco, nunha gran primeira metade, aproveitou os erros locais para deixar case sentenciado o encontro, controlando a distancia no segundo acto.
Caamaño no 19 e Diego Blanco no 25 puxeron a favor o choque, cuxo resultado se completou antes do descanso cun gol en propia meta dos lcoales.
O Grove ascende así ata a décimo cuarta praza con 12 puntos, deixando atrás as tres derrotas consecutivas coas que chegaba ao partido.
Consulta aquí o acta do Gondomar-Unión Grove.
Salvou un punto o Sanxenxo en Baltar de Arriba na visita do Alertanavia (1-1).
Os amarelos seguen en mal momento, pero polo menos lograron puntuar nun choque que se lles puxo en contra moi pronto, cun gol visitante aos 8 minutos de xogo.
Héctor, no 85, fixo xustiza aos méritos do Sanxenxo, décimo sexto da clasificación con 12 puntos.
Consulta o acta do Xuventú Sanxenxo-Alertanavia.
O que segue en crise de resultados é o Portonovo, que perdeu de maneira clara na casa do Valladares (3-0).
O cadro arlequinado viuse superado nun encontro igualado na primeira metade, que empezou a torcerse á media hora co primeiro tanto local e terminouse de decantar na segunda metade.
Coa derrota, os de Borja Burgos caen á decimoséptima praza con 11 puntos.
Relacionadas:
-
Xornada negra para Portonovo, USD O Grove e Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
Gañan Xuventú Sanxenxo e USD O Grove mentres o Portonovo sae goleado de Ourense
Por Redacción |
-
Toman aire Portonovo e Xuventú Sanxenxo mentres se complica USD O Grove
Por Redacción |
-
Unión Grove, Sanxenxo e Portonovo afúndense na clasificación de Preferente
Por Redacción |