Remontada de play-off para o Arosa, valioso triunfo do Villalonga e tropezos de Ribadumia e Céltiga
Por Redacción
Tíñao todo perdido o Arosa cando a mediado o segundo tempo caía na Lomba por 0-2 ante As Pontes, pero os de Jorge Otero sigueron crendo para lograr unha fantástica remontada (3-2) que vale o play-off, xa que lles coloca na terceira posición da táboa en Terceira.
Despois dun inicio moi competido, o cadro visitante logrou adiantarse pouco antes do descanso por medio de Edgar, unha renda que ampliaría aos 55 minutos co segundo, obra de Callón.
Non lle saían as cousas ao Arosa, pero nun máxico final de partido fixo gozar ao seu público.
Primeiro foi Pablo Rivas, no 74, o que recortaba distancias. As Pontes quedaba cun menos e Sidibé, no 86, lograba a igualada. O punto era bo a teor do acontecido, pero os visitantes quedaron con 9 e os de Vilagarcía buscaron máis atopando premio no desconto co definitivo 3-2, obra de Eloy.
Consulta aquí o acta do Arousa-As Pontes.
Importante triunfo do Villalonga en San Pedro ao impoñerse pola mínima ao Alondras (1-0).
O cadro celeste afástase do descenso grazas ao tanto de Aarón aos 32 minutos e ao seu bo facer para conservar a renda adquirida.
O Villalonga é agora décimo cuarto na clasficación con 13 puntos.
Consulta o acta do Villalonga-Alondras.
O Ribadumia segue na zona nobre de Terceira despois de rabuñar un punto no campo de Santa Mariña, en Redondela, ante o Choco (0-0).
Os aurinegros afrontaron o segundo encontro seguido sen o seu capitán Changui, recuperándose dun grave proceso infeccioso, e notaron a súa ausencia en tarefas ofensivas.
Os de David Sierra caen á sexta posición con 17 puntos, empatados coa cuarta praza.
Consulta o acta do Choco-Ribadumia.
O que non conseguiu puntuar esta xornada foi o Céltiga, ao caer pola mínima a domicilio ante o Rápido de Bouzas (1-0).
Nun choque moi igualado e competido, o gol de Yoessef para os locais aos 78 minutos de xogo resultou decisivo.
Os da Illa son décimos na táboa con 15 puntos.
Relacionadas:
-
Xornada negra con empate do Ribadumia e derrotas de Céltiga, Arosa e Villalonga
Por Redacción |
-
Castigo para o Ribadumia no desconto, empate do Arosa e triunfos de Villalonga e Céltiga
Por Redacción |
-
Changui abandona a UCI e a súa recuperación segue "por buen camino"
Por Redacción |
-
Changui permanece estable na UCI "consciente y hablando" tras deixar atrás un día en coma
Por Redacción |
-
Correctivo do Villalonga ao Céltiga, sorprendente tropezo do Arosa e triunfo do Ribadumia que frea ao Bouzas
Por Redacción |