Mala xornada para Marcón e Pontevedra B
Por Redacción
Dura derrota para o Marcón Atlético no campo do Sporting Guardés (3-2).
Os pontevedreses cederon no último minuto despois dun partido no que tomaron vantaxe cun gol de Marcos Reissman aos 7 minutos.
Os locais empataron antes do descanso e puxéronse por diante na segunda metade. Román conseguiu igualar de novo pero cando o empate parecía definitivo o Guardés logrou o gol do triunfo.
A pesar da derrota o Marcón mantense cuarto con 9 puntos. Consluta aquí o acta do Sp.Guardés-Marcón Atlético.
Tamén perdeu a domicilio o Pontevedra B, no seu caso no municipal vigués de Barreiro ante o Gran Peña (2-0).
O filial granate non puido contrarrestar o primeiro gol dos locais á media hora, e cando buscaba a igualada nos minutos finais encaixou o 2-0 definitivo.
Os de Santi Mariño con agora décimo cuartos con 5 puntos. Consulta aquí o acta da Gran Peña-Pontevedra B.