O Arxil despide a pretempada cunha axustada derrota ante o Celta
Por Redacción
Sobre a bucina caeu o Arxil no seu último compromiso de pretemporada, un intranscendente partido de Copa Galicia ante o Celta (60-61) disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Mayte Méndez aproveitou para axustar os últimos detalles antes do inminente inicio ligueiro, do próximo venres (20:30) ante o Ensino, tamén no CGTD.
A imaxe do cadro verde foi boa durante todo o choque, moi igualado desde o inicio. A pesar de empezar por baixo e chegar en desvantaxe ao descanso (28-31), no terceiro cuarto puxéronse por diante e chegaron a mandar por 8 puntos.
A ausencia de Ana Román cargou o peso do xogo interior en Minata Keita, Cristina e a junior Ana, ao que se uniu o número de faltas que obrigou a descansar á propia Keita e Waleska Pérez.
Ao final, nun último minuto tolo o Arxil parecía ter o partido na súa man (60-58) ata que unha tripla de case 9 metros no último segundo deulle o triunfo ao Celta.
A pesar da derrota, boas sensacións para o club pontevedrés, que foi de menos a máis durante a pretempada e espera protagonizar un bo inicio de competición.
Relacionadas:
-
Ana Román, principal dúbida do Arxil en Asturias
Por Redacción |
-
Prometedora estrea ligueira do Arxil ante o Ensino (63-44)
Por Redacción |
-
O Arxil afronta a recta final da pretempada
Por Redacción |
-
Melloría do Arxil para despedirse con triunfo da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil, superado en Copa Galicia ante un Cortegada máis eficaz
Por Redacción |