O pontevedrés David Rodríguez pon rumbo ao Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción
O Taekanart de Monte Porreiro contará cun dos seus deportistas no próximo Campionato de Europa Cadete de Taekwondo.
David Rodríguez participará nun campionato que se celebrará do 8 ao 10 de setembro na capital de Romanía, Bucarest.
O deportista pontevedrés é un dos cinco galegos seleccionados dentro do equipo nacional.
A súa quenda de competición chegará o día 9, na categoría de -41 quilos na que se proclamou esta tempada campión de España.
Completan a representación galega Noah Pena (Patiño Moaña), Pablo Patiño (Patiño Moaña), Iker García (Natural Sport Sada) e Ana Dosil (Natural Sport Riveira).