Volei e tenis praia para animar o verán nos areais de Poio
Por Redacción
O deporte alagará as praias de Poio durante os próximos días, empezando esta mesma fin de semana co Trofeo Concello de Poio de volei praia.
Ata 120 parellas de toda Galicia daranse cita en Lourido nesta competición para "todas as categorías", segundo sinalou Justo Olea desde a organización do evento.
Desde unha competición amateur pasando polas categorías infantil, cadete e senior nunha proba puntuable para o Campionato Galego e que será puntuable para o Nacional de Fuengirola.
A montaxe instalada en Lourido trasladarase o día 9 a Raxó, onde tomará a testemuña o tenis praia.
Do 10 ao 12 as pistas estarán a disposición dos veciños, mentres o sábado 13 disputarase o Trofeo Concello de Poio con participación aberta ata o mesmo día nas categorías masculina, feminina e mixta.
A programación complétase o domingo 14 de agosto co Campionato Galego de tenis praia.
As actividades concéntranse nesta ocasión en Lourido e Raxó pero "a idea o ano que ven é ampliar a outras prais", sinalou a concelleira de Deportes, Marga Caldas.