A Illa recibe ao Pontevedra 29 anos despois nun duelo con moito en xogo
Por Diego Espiño
O Salvador Otero da Illa vivirá un Céltiga-Pontevedra (domingo, 17:00 horas) 29 anos despois con moito en xogo para os dous equipos.
Os granates, que despois da súa última visita (2-2) lograron o recordado ascenso a Segunda B en Eibar, buscan tres puntos que lle consoliden nos postos de play-off e achéguenlle ao obxectivo de final de tempada, repetir a historia de 1984.
Para iso os de Milo buscarán a vitoria ante un rival en forma pero con moitas incógnitas. Stefan, a pesar de que viaxará, será dúbida ata última hora. O técnico granate contará coa baixa de Jacobo por sanción pero recupera para a causa a Nano, Iago Paz, Lorenzo e Pacheco, unha vez recibida a alta, aínda que a falta de ritmo deste último e as molestias dalgúns futbolistas manteñen en vino ao preparador lerezano, que convocou a todos os futbolistas dispoñibles, incluídos algúns componenetes do filial e o equipo xuvenil, debendo facer descartes no mesmo campo.
O Céltiga pola súa banda, despois de tres triunfos consecutivos, confía máis que nunca nunha remontada que lle permita permanecer na Terceira División. Manuel Núñez recupera Unai e Janeiro despois da súa sanción, aínda que Carlos e ÿscar García serán baixa.
O colexiado do encontro será o coruñés ÿscar López Fernández.