O Peixe Galego será "belixerante" ante a decisión de ampliar a 18 equipos a LEB Ouro
Por Diego Espiño
A decisión da Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto de ampliar a 18 o número de prazas na LEB Ouro, dous máis das previstas, indignou a moitos clubs da categoría, entre eles o Marín Peixe Galego.
A entidade marinense, que debutará na segunda categoría do baloncesto nacional, séntese gravemente prexudicado por esta decisión, que considera "arbitraría e contraria á vontade e intereses da maioría dos clubs".
É por iso que anuncia a súa intención de ser "belixerante con tal decisión", sen descartar adoptar " as medidas necesarias para mitigar os probables efectos se se leva finalmente a cabo".
Para a entidade 'peixe', despois de asumir un gran esforzo económico para cumprir cos requisitos de inscrición en LEB Ouro, a ampliación a 18 equipos é unha decisión "que bota por terra toda a planificación", xa que "invalida numerosos contratos entre clubs e xogadores xa pactados" e ademais "incrementa considerablemente o custo da competición".
Á espera de que se confirme oficialmente que equipos competirán en LEB Ouro, son 13 os que contan con dereitos deportivos (Huesca, San Pablo Burgos, Leyma Coruña, Oviedo Baloncesto, Ourense, Cáceres, Palma Air Europa, Breogán, Castelló, Barcelona Lassa, Cocinas.com, Prat Joventut e Peixe Galego) ao que se suman os non ascendidos á Liga ACB, Palencia e Melilla; o Gipuzkoa Basket, que renunciou a seguir na máxima categoría; o Força Lleida, descendido á LEB Prata; e o filial do Baskonia.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego 'pesca' na NCAA ao seu escolta anotador
Por Redacción |
-
Albert Homs, terceira fichaxe do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Gregorio Adón sobe ao proxecto en LEB Ouro e renova un ano máis co Peixe Galego
Por Redacción |
-
O ala-pívot Javier Múgica, reforzo contrastado para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
José Siméon, galóns para a dirección de xogo do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Arxil e Peixe Galego cumpren o trámite e inscríbense en LF2 e LEB Ouro
Por Redacción |
-
Axuda municipal para o reto de 'Ouro' do Peixe Galego
Por Redacción |