O Campionato de España de Tenis de Mesa quenta motores cunha exhibición na Peregrina
Por Diego Espiño
Dúas mesas instaladas na Praza da Peregrina servirán este sábado de promoción da inminente celebración dos Campionatos de España de Tenis de Mesa nas diferentes categorías, ademais da Copa do Rei e da Raíña que Pontevedra acollerá do 23 de febreiro ao 3 de marzo.
Coa organización a punto, Concello de Pontevedra e o Club Monte Porreiro pretenden achegar o evento aos pontevedreses ao tempo que dan a coñecer este deporte, como recoñece o presidente do club Lucho Álvarez, "la cantidad de gente que pasa por la Peregrina nos permitirá darnos a conocer".
Xogadores de todas as categorías protagonizarán unha exhibición a partires das 17:00 horas a xeito de quentamento para os nove días nos que a Cidade de Lérez se converterá na referencia nacional do tenis de mesa, coa presenza de aproximadamente 1.000 deportistas nas diferentes competicións que se celebrarán no Recinto Feiral.