Alba Trigo soña co podio no Mundial Optimist
Por Redacción
O Campionato do Mundo de Vela para a Clase Optimist, categoría na que os deportistas empezan a competir internacionalmente, está a resultar moi positivo para Alba Trigo Piñeiro.
A xoven regatista cambadesa do Náutico de Sanxenxo está a protagonizar un gran campionato na localidade portuguesa de Vilamoura e soña co podio na categoría feminina.
Despois de tres días de regatas, Alba situouse no posto 30 da xeral absoluta, terceira na clasificación feminina, o que lle valeu para meterse no grupo principal da competición, o Ouro, no corte dos 64 mellores.
Dous podios parciais, con senllos terceiros postos, e un posto 21 nas tres mangas disputadas o martes valéronlle para escalar posicións a falta de tres xornadas de competición e seis probas previstas.
Alba Trigo é polo momento a segunda mellor española do Mundial, só superada por Samuel Beneyto (23). Tamén se meteron no Grupo Ouro Alberto Morais (35) e Manuel Álvarez-Dardet.