O Natación Galaico reina de novo no Campionato Galego
Por Redacción
O Club Natación Galaico mantén a súa hexemonía en Galicia despois de finalizar o Campionato Galego como o mellor equipo da competición.
Os pontevedreses, que desprazaron ata Ourense a 34 nadadores, impuxéronse nas clasificacións por equipos das categorías absoluta e junior despois dos tres días de competición.
Na categoría absoluta o Galaico impúxose con 956 puntos, polos 737,5 do Pabellón Ourense e os 736,5 do Fluvial de Lugo. Pola súa banda o equipo junior conseguiu 576 puntos, superando no podio a Club del Mar (525,5) e o CN Arteixo (390,5). Completou a participación pontevedresa o equipo infantil cun quinto posto na súa idade.
Os resultados do Galaico baseáronse na boa actuación de todo o equipo, aínda que a internacional Bea Gómez tivo un papel destacado e foi nomeada mellor nadadora do torneo, logrando o Trofeo Paula Carballido.
A nivel de marcas, o equipo pontevedrés de 4x200 libre feminino composto por Bea Gómez, Paula Goyanes, Nuria Erselle e Águeda Cons bateu o record galego absoluto cun tempo de 8:26.39.
Relacionadas:
-
Oito nadadores do Galaico afrontan nas Palmas o Campionato de España de Verán
Por Redacción |
-
Bea Gómez, resignada ante a decisión da Federación de non levala aos Xogos: "No deberían ser tan estrictos"
Por Redacción |
-
Impulsan unha petición popular para que Bea Gómez poida acudir aos Xogos Olímpicos
Por Diego Espiño |
-
Paula Goyanes e Águeda Cons brillan no Nacional de Augas Abertas
Por Redacción |
-
Bos resultados do Galaico en dous campionatos autonómicos de natación
Por Redacción |