Alexis Viéitez domina a Subida Cidade de Pontevedra tras unha vistosa primeira xornada
Por Diego Torrado
Os afeccionados ao automobilismo gozaron este venres dunha animada xornada coas tres primeiras mangas de competición da XIX Subida Cidade de Pontevedra.
Ademais do vistoso parque pechado instalado na Praza de España, o público acudiu en gran número ás ramplas de Marcón durante unha intensa tarde para gozar do medio cento de pilotos inscritos.
Entre eles, o máis rápido en durante a xornada inaugural foi Alexis Viéitez (Buxa Motor Poio), que lidera provisionalmente a clasificación xeral con 21 segundos de vantaxe sobre Pablo Rey (T.Martínez Racing) e 30 segundos sobre Jesús Pombo (Congostra Team Sanxenxo).
Durante a primeira das pasadas ao tramo de competición produciuse a imaxe máis comentada da xornada, cando o piloto Santi Abad perdía a roda da súa Audi TT R DTM á entrada dunha curva.
A XIX Subida Cidade de Pontevedra concluirá este sábado coa disputa da cuarta, quinta e sexta manga oficial.
Relacionadas:
-
Cita para os afeccionados ao motor coa XX edición da Subida Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alexis Viéitez confirma o seu triunfo na XIX Subida Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Case 50.000 euros para a celebración de eventos deportivos na cidade
Por Diego Espiño |
-
Medio cento de pilotos, a pola vitoria na Subida Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |