Suso Morlán: "Só estou esperando que me chamen de Brasil e me digan cando nos marchamos. Témolo decidido"
Por Alejandro Espiño
"Non pedín unha contraoferta, nin a quero nin a espero. Só estou esperando que me chamen de Brasil e me digan cando me marcho. Téñoo decidido". Así de contundente móstrase Suso Morlán, o adestrador de David Cal sobre a súa marcha a Brasil. Non hai volta atrás, di. Explica que lle ofrecen adestrar ao equipo brasileiro de cara aos Xogos Olímpicos de Río 2016, "a maior honra que podo ter como adestrador".
E con el, irase David. En declaracións antes da conferencia coa que se inauguraba o foro de debate deportivo do PSdeG-PSOE de Pontevedra, Suso Morlán afirmou que "podo entender que á xente moléstelle que David e eu saiamos de España, pero como é o mellor para os dous, queremos irnos". Iso si, asegura que non entende a polémica que esta decisión causou "institucional e mediáticamente".
A decisión está tomada entón?
Eu xa non teño nada que valorar. Chegados a este punto da película eu sei onde me queren. Teño moi claro que quero irme a Brasil. A oferta é moi bonita e o país que organiza os Xogos Olímpicos deposita a súa confianza nun adestrador como eu para que adestre aos seus deportistas. Logo de cinco medallas olímpicas, insisto, é a maior honra que pode ter un adestrador. ÿ un proxecto súper bonito, súper ilusionante, cunha chea de medios para traballar e ese proxecto inclúe a David. Así que todos tan contentos. Pódese dicir moitas cousas, pero eu voume a Brasil.
David teno claro tamén?
"Cando volvín a España e comenteille a oferta de Brasil, David foi o primeiro que dixo: si, vámonos, cambiemos de aires"
Na reunión que tiven en Brasil trasladeilles a miña situación con David e entendérona. Cando volvín a España e comenteillo, David foi o primeiro que dixo: "si, vámonos, cambio de aires, non adestro só senón cun equipo, non teño que buscar unha pista que se lle pareza, adestro na pista das olimpiadas...". David sabe que vai estar 7 ou 8 semanas adestrado en Brasil e 10 días en Pontevedra. El si vai regresar, eu non. Terá que atender aos seus compromisos, á súa familia e virá adestrar moi suave ao río Lérez, tan suave que non necesitará da miña presenza.
O presidente da Federación Española de Piragüismo, Román Mangas, foi moi crítico coa vosa decisión. Parecéronche mal as súas declaracións?
A min nada me parece mal a estas alturas. Esas declaracións quen as queira entender que as entenda. Eu non vou valoralas.
Chegou a dubidar de que David poida chegar en boas condicións a Río...
Non lle vou a contestar, xa defínese de seu.
Pero declaracións así axudáronvos a tomar a decisión de marchar?
A decisión estaba tomada. O único que dixen é que me ía e que me deixasen a porta aberta, porque se Brasil non funciona, non vai ben, non nos adaptamos ou vemos que nos imos a dar unha bofetada de cara a Río, prefiro recoller e volver. Se estou todo o ciclo olímpico é que as cousas van ben. Aínda que igual é un sitio tan marabilloso que non funciona e temos que volver.
E falaches con Alejandro Branco (o presidente do COE)? Recientemente en Madrid dixo que se no deporte español non había diñeiro para David non o habería para ninguén...
Falei con Alejandro e non está moi contento coa situación, pero díxenlle que non se enfade máis porque a decisión está tomada e márchome. Pediume que cando estea en España me reúna con el e cando poida fareino. Alejandro quérenos moito e sempre se portou xenial connosco.
Rescindiches xa o contrato que te unía á Federación como preparador?
Non. E non o vou a rescindir. Eu nunca falei de resdincir o contrato. Iso dio o presidente. Eu falei dunha excedencia de catro anos. Regresarei a España en setembro de 2016 e executareina ou non, iso depende de min. Pero eu non vou renunciar ao meu contrato.
ÿ polo tanto unha decisión irreversible?
"Eles son os primeiros interesados en que veña David. O fichaje bo de Brasil non son eu, é que poidan adestrar con David"
Cando nos chamen, teña o meu visado de traballo en regra e poida empezar a traballar, ireime. Dous días despois chamarei a David e direille vente. Para que empece a adestrar. Así de claro témolo.
Falábase dunha reunión o día 14 en Madrid para intentar reconducir a situación...
Eu ese día estarei de camiño a Colombia coa miña familia. Reúnense sen min. Se queren facelo, adiante. Por min que falen do divino e do humano. Eu estou como tolo por cambiar de aires.
E non temes que as institucións e patrocinadores que apoiaron a David todos estes anos fagan algo para que se quede en Pontevedra?
Pois nada, quedarase en Pontevedra, pero eu voume a Brasil. Non sei que parte non se entende. David é maiorciño e eu tamén, pero dubido que nos poidan separar. Hai xente que di que nos apoia moito, pero non recibimos chamadas de ninguén. E David desde o primeiro momento foi invitado a vir comigo.
Eu non podía aceptar a oferta de Brasil sen David. Se el dime que quere ir a Río, non podo deixalo tirado logo de 15 anos. Eu encargueime de explicarlles que era moi positivo para David e para eles que adestrase con eles. Brasil ten un nivel moi baixiño en piragüismo e David ten cinco medallas olímpicas. Eles son os primeiros interesados en que veña David. O fichaje bo de Brasil non son eu, é que poidan adestrar con David.