Toneladas de ilusión na fase previa do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Torrado
Xogar ante equipos da talla de Barcelona, Porto ou Benfica, todos eles participantes na pasada edición, supón un extra de ilusión para os equipos galegos participantes na fase previa do XVIII Torneo Internacional Benxamín Cidade de Pontevedra.
A competición converteuse por mérito propio nunha das máis importantes de Galicia na categoría, e por iso 28 equipos galegos enfrontáronse este martes na busca de oito billetes para a fase final.
A Xunqueira II acolleu unha xornada intensiva de fútbol base, en quendas de mañá e tarde, nas que saíron vencedores oito equipos, entre eles os pontevedreses Salgueiriños e Sagrado Corazón, Ancorad'ouro de Marín e a ED Arousa.
Os outros catro equipos clasificados son Colegio Hogar, Oroso, Ural e Pabellón Ourense.
A fase final do XVIII Torneo Internacional Benxamín Cidade de Pontevedra xogarase os días 18 e 19 de xuño.
Relacionadas:
-
Sporting de Portugal imponse nunha bonita final do "XVIII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Villarreal apunta a favorito tras a primeira xornada do XVIII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Vilarreal, principal novidade no cartel do XVIII Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
O Barcelona rompe o dominio luso ao derrotar o Benfica no "XVII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |