O equipo sub-18 do PRC gaña a liga galega e pensa xa no Campionato de España
Por Redacción
O equipo sub-18 do Pontevedra Rugby Club pode presumir desde a pasada fin de semana de título de campión da Liga Galega, tras vencer nun apertado partido no campo de Os Ingleses de Vilagarcía (29-36).
O PRC tiña que vencer no último partido da competición para asegurarse o titulo ante a persecución do CRAT Coruña.
Os pupilos de César Zuazua só cederon un partido ao longo da tempada. Foi na casa do seu perseguidor.
Agora, co título no peto, o equipo formado por xogadores e xogadores de 16 a 18 anos céntrase no tramo final de curso na Copa Xunta e tamén no Campionato de España, competición na que gañaron o dereito de participar pero na que xogarán ante rivais a priori máis fortes que os da liga Galega.
Relacionadas:
-
O Pontevedra Rugby Club queda sen Copa Xunta
Por Redacción |
-
A finais da Copa Xunta de rugby, en Pontevedra
Por Redacción |
-
Mareantes e Pontevedra Rugby Club, eliminados nas semifinais polo título galego
Por Redacción |
-
O PRC repite triunfo no derbi pontevedrés ante Mareantes (13-19)
Por Redacción |