Balonmán.com certifica a permanencia á conta de BM Artabro (32-36) e Poio Artai cae ante BM Porriño (19-24)
Por Redacción
Permanencia asegurada de forma matemática para o Balonmán.com. Aínda que virtualmente xa o estaba desde fai varias xornadas, a súa vitoria a domicilio sobre BM Artabro condena ao descenso ao equipo coruñés, ao deixarlle a doce puntos de distancia, cando unicamente restan cinco xornadas para o final de liga.
Non foi un bo partido. Con pouca tensión defensiva, os de Pedro Pérez resolveron moi ao final, despois de comezar con autoridade nos primeiros minutos, nos que chegaron a contar cunha vantaxe de catro goles (4-8) aos 10 minutos de xogo.
Pero lonxe de asegurar o resultado, os pontevedreses deixarían reaccionar ao seu rival, que chegaría a empatar, marchándose ao descanso cun curto 17-19 no marcador. Mesmo na segunda parte os coruñeses chegarían a poñerse por diante (23-20) no minuto 36.
A partir de aí as igualadas e vantaxes mínimas para un e outro se sucederon, ata que no últimos cinco minutos Balonmán.com escapouse definitivamente con dous goles de Alberto Santiago e Fernando Rey (30-33) ata terminar impoñéndose por 32-26, con Anxo Soliño (10) e Miguel Roibás (8), como autores da metade dos goles do seu equipo.
Consulta aquí o acta completa do partido.
POIO ARTAI TAMPOUCO PODE CON BM PORRIÑO
Segue sumando os seus partidos por derrotas o Poio Artai. Nesta ocasión foi BM Porriño quen sacou rédito da súa visita á pista da Seca, para levar os dous puntos, a pesar de non realizar un bo partido.
Os porriñeses foron por diante desde o principio, aínda que con curtas vantaxes (10-13, ao descanso), que o Poio Artai foi capaz de neutralizar mediado o segundo tempo (15-15), pero aí acabóuselle a gasolina. Os visitantes fixeron un parcial de 0-4 que xa resultou insalvable, chegando ao final con comodidade para terminar vencendo (19-24).
Consulta aquí o acta completa do partido.
Relacionadas:
-
Derrotas de Balonmán.com ante BM Chapela (26-28) e Poio Artai en Coia (36-19)
Por Redacción |
-
Poio Artai suma o seu primeiro punto pero escápaselle a vitoria fronte a BM Cañiza (25-25)
Por Redacción |
-
Balonmán.com non pode co líder Calvo Xiria (23-30) e Poio Artai tampouco se estrea en Lavadores (30-23)
Por Redacción |
-
Balonmán.com gaña nun final de infarto a Granitos Ibéricos (27-26) e O.A.R. supera sen apuros a Poio Artai (34-26)
Por Redacción |
-
Atlético Novás sofre para impoñerse a Balonmán.com (29-25) e Poio Artai cede fronte á S.A.R. (21-28)
Por Redacción |