Vilagarcía apúntase ás carreiras de obstáculos cun evento baixo teito en Fexdega
Por Redacción
En plena popularización dos desafíos deportivos de obstáculos Vilagarcía non quixo quedar atrás e prepara xa o seu propio evento, que a diferenza doutros terá lugar baixo teito.
Bautizada como 'The England Games', celebrarase en pavillón do recinto feiral de Fexdega os días 3 e 4 de setembro. Alí establecerase un circuíto de 1.300 metros e entre 18 e 20 obstáculos, segundo sinala a organización a cargo de Estudo Cubic e a Fundación de Deportes.
Estableceuse un límite de 1.350 prazas, que poden completar o percorrido de forma individual ou por equipos, coa particularidade de que os 30 mellores competirán nunha quenda final.
A primeira fase dividirase en 15 quendas, desde as 10:00 ata as 17:00 horas. Ademais, un día antes poderase "adestrar e gozar" no circuíto.
As inscricións para os primeiros 'The England Games' están habilitadas desde esta semana a través de www.championchipnorte.com e permanecerán activas ata o día 2 de agosto.
Relacionadas:
-
As carreiras de obstáculos chegan ao Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
A segunda edición da Gladiator Race de Pontevedra abre inscricións
Por Redacción |
-
A Gladiator Race anuncia unha segunda edición en Pontevedra para o próximo 4 de xuño
Por Redacción |
-
Nunca me rendo!!!
Por Redacción |
-
Castor Salgado e Andrea Montero, os aventureiros máis rápidos da Gladiator Race de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |