As carreiras de obstáculos chegan ao Lago de Castiñeiras
Por Redacción
As carreiras de obstáculos e superación persoal multiplicáronse nos últimos anos, e en Pontevedra a moda non foi menos. Á Gladiator Race, fixada para o día 4 de xuño na súa segunda edición, súmase agora unha nova proba que terá como escenario un lugar especial, o Lago de Castiñeiras.
A Naturae Xtrm está impulsada pola Fundación Lago de Castiñeiras e os concellos de Marín e Vilaboa que se celebrará o sábado 8 de outubro.
Os participantes afrontarán un percorrido de oito quilómetros no que deberán superar unha trintena de obstáculos, na súa maioría naturais.
A organización está a perfilar o percorrido das diferentes categorías (naturae extreme, naturae media e naturae kids) por toda a zona que rodea o Lago.
As inscricións abriranse o vindeiro domingo 8 de maio co obxectivo de chegar ao milleiro de participantes e un prezo que oscilará desde os 25 aos 32 euros na xtreme, de 22 a 28 euros na media e de 9 a 15 euros na carreira infantil, dependendo do prazo no que se formalice a través da web www.naturaextrm.es.
Paralelamente ao evento deportivo está previsto organizar no Lago de Castiñeiras actividades de lecer para completar a xornada.
Relacionadas:
-
Máis de 2.300 inscritos para a segunda edición da Gladiator Race
Por Redacción |
-
Vilagarcía apúntase ás carreiras de obstáculos cun evento baixo teito en Fexdega
Por Redacción |
-
A segunda edición da Gladiator Race de Pontevedra abre inscricións
Por Redacción |
-
A Gladiator Race anuncia unha segunda edición en Pontevedra para o próximo 4 de xuño
Por Redacción |