Contundentes derrotas de Balonmán.com ante Seis do Nadal (22-35) e Poio Artai fronte a Luceros (31-19)
Por Redacción
A falta de obxectivos e a remota posibilidade de que Poio Artai ou BM Artabro poidan remontar posicións e poñer en perigo a permanencia de Balonmán.com, leva aos pontevedreses a ir deixando que a tempada transcorra con máis pena que gloria. Escasos de obxectivos, tanto que o propio Pedro Pérez está a ser incluído nas aliñacións, transformándose así no xogador de máis idade en categoría nacional, o Balonmán.com volveu perder de goleada, esta vez fronte a un Seis do Nadal que aproveitou a ocasión para consolidar a súa cómoda posición na táboa.
Os locais presentaron certa resistencia na primeira parte, na que só cederon ao final, tras chegar a só dous goles de diferenza ao minuto 24 (9-11). Un pequeno tirón dos vigueses permitiulles marcharse ao descanso con vantaxe clara (10-15).
A segunda parte non tivo máis historia que ver como a diferenza ía crecendo en cada parcial, cuns dez minutos finais que deixan en evidencia o afundimento local (parcial de 2-8), para terminar cun contundente marcador de 22-35.
Consulta aquí o acta do partido.
POIO ARTAI REGRESA GOLEADO DE CANGAS
Parecida situación que o Balonmán.com sofre o Poio Artai. Sen estrear a súa marcadora de puntos, son pechacancelas da competición e sigan sumando case cada partido por goleada encaixada. Visitaban ademais unha pista complicada, a de Cangas, e o Luceros non lles deu opción en ningún momento, impoñéndose por un claro 31-19.
Sete goles de vantaxe (10-3) nos primeiros 20 minutos de partido, aforran calquera comentario sobre a superioridade canguesa, co partido resolto xa ao termo da primeira parte (16-8), incapaces de frear ao goleador local, Adrián Menduíña (15 tantos), autor el só de case os mesmos goles que todo o equipo de Poio.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Atlético Novás sofre para impoñerse a Balonmán.com (29-25) e Poio Artai cede fronte á S.A.R. (21-28)
Por Redacción |
-
Balonmán.com cura feridas á conta dun Poio Artai que xustifica a súa traxectoria (38-22)
Por Redacción |
-
BM Lalín non perdoa a Balonmán.com (36-26) e Poio Artai cede ante o líder Chapela (19-32)
Por Redacción |
-
Balonmán.com deixa escapar o triunfo na Cañiza (29-27) e Poio Artai cae ante Calvo Xiria (22-34)
Por Redacción |
-
Balonmán.com Pontevedra non desaproveita a oportunidade de sumar á conta de Lavadores (32-23)
Por Redacción |
-
Poio Artai tampouco pode con Granitos Ibéricos (19-28) e triunfo agónico do BM Pontevedra no Porriño (26-27)
Por Redacción |