Un partido que vale máis de dous puntos
Por Diego Espiño
O punto conseguido grazas ao empate do pasado venres ante o Go Fit Sinfín serve para que o Teucro se coloque (11 puntos) con dous de marxe sobre a zona de descenso, os mesmos que o seu próximo rival, o Ciudad Encantada.
Os azuis visitan o sábado (20:30 horas, Movistar+) Cuenca nun partido que adquire tinguiduras de final pola importancia que pode ter na loita pola permanencia.
O Teucro chegará á cita sen conseguir gañar aínda a domicilio, pero convencido de que é o mellor momento para conseguilo, ante un rival que chega con dúbidas tras as últimas derrotas ante outros rivais directos, como o Benidorm fóra (29-21) e o Puerto Sagunto na súa cancha (24-25).
A preocupación para Quique Domínguez será de novo o estado físico de varios dos seus xogadores, como Pichel e Chapela, despois de que o primeiro apenas gozase de minutos contra o Sinfín e o segundo nin sequera chegase a saltar á pista a pesar de estar incluído na convocatoria. Pola contra o técnico pontevedrés recuperará ao gardameta Ricardo Amérigo, peza importante no equipo, pero perde por sanción a Gonzalo Carró.
A xornada na Liga Asobal depara ademais outro duelo na parte baixa entre Puerto Sagunto (12 puntos) e o equipo que marca a fronteira co descenso, o Ángel Ximénez de Puente Genil que será o seguinte adversario do Teucro, o sábado 27 de febreiro no Municipal.
Relacionadas:
-
Cidade Encantada e Teucro reparten puntos nun partido de infarto (28-28)
Por Redacción |
-
O Teucro, a poñer fin ao seu mal fario fóra da casa ante un Ciudad Encantada "enrabietado"
Por Diego Espiño |
-
Punto de garra para o Teucro ante o Go Fit Sinfín (30-30)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Amérigo, baixa inesperada dun Teucro "mentalizado" ante o importante partido contra o Go Fit Sinfín
Por Diego Espiño |