Unha caída priva a Irene Trabazo do ouro no Campionato de España de Ciclocrós
Por Redacción
Fora ata agora a gran dominadora da tempada nacional na categoría junior feminina, pero no día máis importante non puido referendalo.
Irene Trabazo conseguiu a medalla de prata no Campionato de España de Ciclocrós celebrado na localidade cántabra de Torrelavega.
Á ciclista marinense escapáronselle as posibilidades de triunfo por culpa dunha caída, pero soubo sobrepoñerse para aguantar polo menos a segunda posición.
A gañadora foi a catalá Magda Durán cun tempo de 43:36, entrando Trabazo a 1:26 e a valenciana Sofía Rodríguez a 1:33.
O equipo galego conseguiu unha segunda medalla nos campionatos grazas a Iván Feijoo (Maceda) na categoría junior masculina.
Relacionadas:
-
A Copa Galicia de ciclocrós fai parada en Marín
Por Redacción |
-
Marín e Pontevedra, paradas da Copa Galicia de Ciclocrós que se estrea en Narón
Por Redacción |
-
Irene Trabazo defende con éxito o título de campioa da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo recupera o liderado da Copa de España de Ciclocrós a falta dunha carreira
Por Redacción |