Primeiras mínimas nacionais para os atletas da Gimnástica
Por Redacción
As primeiras competicións baixo teito da tempada trouxeron consigo para a Gimnástica as primeiras marcas mínimas dos seus atletas para os campionatos nacionais.
No Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo Darío Costas correu os 60 metros lisos en 7.06, o que supón a súa clasificación para o Campionato de España Junior, aínda que o seu ubjetivo real é acudir na especialidade de probas combinadas.
Pola súa banda Marco Martínez, con 1,72 metros, conseguiu o pasaporte en salto de altura para o nacional en idade cadete.
Noutro escenario, o Trofeo de Nadal de Madrid, tamén brillou Gonzalo Sánchez-Camacho ao conseguir a marca mínima para o nacional de categoría promesa nos 60 metros (6.99), terminando en segunda posición no trofeo.
En Madrid ademais quedou preto do rexistro esixido para o Campionato de España absoluto Eduardo Gallardo, ao completar os 400 metros en 49.24, cando a mínima está fixada en 48.60.
Relacionadas:
-
A Gimnástica, clasificada por quinto ano consecutivo para a Copa do Rei
Por Redacción |
-
A Gimnástica pecha o ano como o mellor club galego do ránking nacional
Por Redacción |
-
Ramón Touza, reelixido como presidente da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
A escola municipal de atletismo divírtese por Nadal
Por Cristina Saiz |
-
O ascenso á Primeira División, reto para o equipo feminino da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
Reforzos para o equipo de División de Honra da Gimnástica
Por Redacción |