Teucro e Cangas afrontan o derbi provincial en momentos opostos
Por Diego Espiño
A liga Asobal retorna este mércores (20:30 horas) ao Pavillón Municipal dos Deportes cun dos partidos máis esperados da tempada, o derbi provincial entre Sociedad Deportiva Teucro e o Balonmán Cangas.
Os dous equipos chegan á cita en momentos totalmente opostos, cos pontevedreses no seu peor momento do curso tras cinco derrotas consecutivas e os morracenses como "el equipo más en forma de la liga" e con "unos números extraordinarios".
Son palabras de Quique Domínguez ao encomiar o traballo do seu próximo rival, que da man de Víctor García Pillo suma dez encontros seguidos gañando, o que lle situou na terceira praza só superado por Barcelona e La Rioja.
"Jugar ante el Cangas siempre es diferente", recoñece o técnico pontevedrés, que espera ademais un grande ambiente nas bancadas do Municipal.
O Teucro espera retomar no derbi a súa mellor versión, a que como local é capaz de plantar cara a calquera equipo, deixando atrás os erros que lle condenaron a unha dolorosa derrota na pista do Balonmano Aragón.
Arkaitz Piriz e Iván Fernández regresaron de Zaragoza con molestias físicas, pero ambos estarán dispoñibles para o choque, do mesmo xeito que é resto do plantel teucrista.
O encontro será arbitrado polo galego García Mosquera e o madrileño Muro San José.