O piragüismo galego homenaxeará a David Cal na súa gala anual
Por Redacción
A Federación Galega de Piragüismo deu a coñecer o nome dos galardoados nos seus premios anuais, que se entregarán nunha gala prevista para o día 16 de xaneiro na localidade coruñesa de Boiro.
Entre os recoñecementos destaca o que se lle dará David Cal pola súa traxectoria, homenaxeando ao que foi o seu mellor deportista histórico poucos meses despois de anunciase a súa retirada. "As súas cinco medallas olímpicas merecen o maior dos agradecementos por todo o que fixo polo piragüismo", recoñecen desde a federación.
Os premios aos mellores deportistas recaerán nesta ocasión na canguesa Teresa Portela (Club de Mar Ría de Aldán) en categoría feminina tras a súa medalla de bronce no Mundial de Milán e a consecuente clasificación olímpica, e en Óscar Carrera e Rodrigo Germade na masculina, ambos os integrantes do K-4 español que tamén logrou o billete para Río 2016.
En canto ao resto de galardóns destaca o de Elena Naveiro, do Club Breogán do Grove, premio á superación deportiva.
Os demais premiados son: Daniel Brage (mellor adestrador), Roi Rodríguez (deportista promesa masculino), Manuel Ochoa (promesa masculino), Camila Morrison (deportista promesa feminina), XII Travesia Illa da Toxa-XXIX Trofeo Concello do Grove (mellor regata), Deputación de Pontevedra (patrocinador), Kayak Tudense (mellor club), Marta Felpeto (mellor árbitro) e SI Radio (medio de comunicación).
Relacionadas:
-
O piragüismo galego despide o ano competindo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Primeiro paso dos canoístas do Piragüismo Poio e do Breogán no difícil camiño a Río 2016
Por Redacción |
-
David Cal recibirá a Gran Cruz do Mérito Deportivo
Por Redacción |
-
A pista de piragüismo de Pontillón do Castro levará o nome de David Cal
Por Diego Espiño |