Lucía Vázquez pasa ao ciclocrós no inicio da pretempada
Por Redacción
Recuperada do golpe no xeonllo e o susto polo leve atropelo sufrido hai poucos días, Lucía Vázquez retoma a súa pretempada e faino cambiando por uns días de especialidade.
Coa bicicleta BTT aparcada polo momento, a ciclista de Vilaboa comezará a competir a próxima fin de semana participando en dúas probas do calendario galego de ciclocrós.
Lucía tomará parte o sábado na primeira proba da Copa Galicia desta modalidade que se celebrará no Rosal, mentres o domingo desprazarase a Santiago de Compostela.
Aínda que non sexa unha habitual do ciclocrós os seus resultados son máis que positivos, sendo nove veces campioa galega elite.
A pesar desta incursión, o obxectivo de Lucía Vázquez para a tempada que está a empezar será dar un paso adiante no BTT a nivel internacional e pelexar a clasificación para os Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez, a Portugal: ficha polo Maiatos/Reabnorte na busca dun salto de calidade
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez adxudícase o Campionato Galego de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, atropelada durante un adestramento: "¿Ni con este chaleco me veis conductores?"
Por Diego Espiño |
-
Lucía Vázquez logra o seu segundo título en Portugal
Por Redacción |