Lucía Vázquez logra o seu segundo título en Portugal
Por Redacción
Chegaba á última cita do calendario cun só punto de vantaxe á fronte da xeral e as contas claras, debía quedar por diante da súa principal rival, a estoniana Maaris Meier.
Lucía Vázquez conseguiu gañar a Taça de Portugal de BTT na modalidade de Cross Country Olímpico ao vencer na última cita da competición, na rexión lusa de Alentejo.
A ciclista de Vilaboa foi primeira tras mandar desde os primeiros compases da carreira, mantendo baixo control á súa rival, que foi terceira trala portuguesa Joana Monteiro.
"Sabía que ao ser o circuíto tan duro, e ademais chovendo, beneficiábame. No entanto, respectaba moito á estoniana porque gañara hai dúas semanas", comentou trala proba Lucía.
É a segunda vez que a pontevedresa gaña a Taça de Portugal, poñendo un broche de ouro a unha tempada na que logrou ascender postos no ranking olímpico.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez pasa ao ciclocrós no inicio da pretempada
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, atropelada durante un adestramento: "¿Ni con este chaleco me veis conductores?"
Por Diego Espiño |
-
Alentejo, última parada na tempada de Lucía Vázquez
Por Redacción |
-
Exitosa incursión de Lucía Vázquez no enduro cun bronce nacional
Por Redacción |