A Escola Naval acolle os Campionatos Deportivos de Academias Militares
Por Diego Torrado
A Escola Naval de Marín organiza os Campionatos de Academias Militares. Unha iniciativa que se celebra cada dous anos e forma parte do Plan de Actividades do Consello Superior de Educación Física e Deportes das Forzas Armadas, correspondendo a súa organización de forma alternativa a cada unha das academias militares españolas.
As probas desenvólvense desde o pasado venres ata este domingo 8 de novembro, ambos inclusive, en horarios de mañá e tarde, nas instalacións da Escola Naval Militar e as súas zonas adxacentes.
As probas a realizar son atletismo, baloncesto, voleibol, balonmán, fútbol 7, judo, tiro arma longa, tiro arma curta, natación, carreiras de orientación, concurso de patrullas, pentatlón militar, tenis, proba combinada feminina, tríatlon sprint cros, pádel e vela (esta última na modalidade de exhibición).
Tomaron parte na competición 330 alumnos pertencentes aos distintos equipos representativos da Academia Xeral Militar, Academia Xeral de Aire e a Escola Naval Militar.