Exhibición do Cisne na súa estrea en Prata cun contundente triunfo ante o Alcobendas (31-23)
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Estrea soñada do Club Cisne Balonmán na División de Honra Prata. Nin os máis optimistas do lugar soñaban algo así, porque o primeiro rival en liga era un dos equipos chamados a ocupar os postos de honra, o Balonmano Alcobendas.
O nome non obstante non amedrentou aos de Edín Covelo, que con intensidade, unha gran defemsa e un sobresaínte Toño Lafuente en portaría dominaron un equipo madrileño que acusou moito as baixas de homes importantes (31-23).
O partido comezou con algo de nervios nos locais e imprecisións en ataque que aproveitou o Alcobendas para marchar de saída 2-4.
Foi só un espellismo, o Cisne axustou o seu 6-0 defensivo e empezou a secar as ideas do seu rival, alporizado por fases en ataque ante a altura da defensa, a súa concentración e o acerto dun Toño Lafuente que sumou 12 paradas no primeiro acto.
Con estes ingredientes os pontevedreses fóronse despegando no marcador para poñerse seis arriba (14-8 no minuto 26), aínda que dúas perdas de balón permitiron que a renda se acurtase antes do descando.
Na reanudación o Alcobendas intentou reaccionar, e tivo unha oportunidade coa exclusión de Álex Chan ao pouco de comezar o segundo acto, pero non o aproveitou e o Cisne creceuse aínda máis para cun parcial de 5-1 sentenciar o choque (20-12).
Faltaban 25 minutos, tempo abondo para o desfrute da bancada ou a exhibición de Pombo nos lanzamentos ante un rival que xa non inquietou. Todo un golpe de moral para un Cisne que se quixo sumar á Feira Franca e arranca a tempada de xeito prometedor.
CLUB CISNE BALONMANO (31): Toño Lafuente, Bruno (1), Álex Chan (2), Pablo Picallo (6), Ramón Gil (1), Cuadrado (6), Pablo Vidal (2) -siete inicial- Fabián González, Javier Vázquez (3, 2p), Guillermo Rial (2), Carlos Pombo (6), Iván Abilleira (1p), Pepe Camiña (1), Juanjo, Erselle.
BALONMANO ALCOBENDAS (23): Manuel Rodríguez, Alberto Gómez (2), Roberto Giménez (3), Santi López (1), Llopis (4), Ignacio Gimeno (2), Guillermo Pérez (1) -siete inicial- Alberto López (5), Miguel Muñoz (1), Gonzalo Velasco (4, 3p), Carlos Calle, Torrescusa
Árbitros: Amigo Plaza e Espadas García de la Galana (Castela A Mancha). Excluíron a Pablo Vidal e Álex Chan no Cisne e a Gonzalo Velasco e Santi López no Alcobendas.
Parciales: 1-1, 3-4, 6-4, 10-6, 12-8, 15-11 -descanso- 18-12, 23-14, 24-17, 27-20, 30-22, 31-23.
Incidencias: Pavillón del Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ante uns 250 espectadores.
Relacionadas:
-
Handbol Bordils non dá opción a un Cisne que compite ata o final (31-27)
Por Redacción |
-
Cisne e Grupo Covadonga reparten puntos (24-24) nun partido sen dono
Por Ramiro Espiño |
-
Juanfersa Gijón fai valer a súa condición de favorito e non dá opción ao Cisne (32-24)
Por Redacción |
-
Cisne e Teucro xa coñecen os seus rivais para a Copa do Rei
Por Redacción |
-
O Cisne sae á rúa na busca de apoios
Por Redacción |