Gregorio Adón, terceira renovación no Peixe Galego
Por Redacción
Nova peza para o terceiro proxecto do Peixe Galego na liga LEB Prata.
Gregorio Adón renovou o seu contrato co club marinense por unha tempada, sendo o terceiro xogador que confirma a súa continuidade no club.
Deste modo Javi Llorente empeza a ter perfilado o equipo con cinco xogadores tras as fichaxes de Oubiña e Edmond Koyanouba e as renovacións de Manu Ferreiro e Norman Rey.
No caso de Adón, o aleiro dominicano formado no Peixe Galego cumprirá a súa oitava tempada en Marín, onde espera mellorar os seus números do pasado curso cando alcanzou 5,8 puntos e 3,6 rebotes por partido na liga regular.
Gregorio chegou a Marín no ano 2007 e pasou polo equipo júnior e o sénior de primeira autonómica e xogou co primeiro equipo en EBA e LEB Plata.
Relacionadas:
-
Álex Navajas, experiencia de LEB Ouro para reforzar o xogo interior do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Equipo galego e de canteira no novo proxecto 'peixe'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Norman Rey seguirá no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Edmond Koyanouba volve ao Peixe Galego tras o seu paso por LEB Ouro
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Peixe Galego, que renova a Manu Ferreiro e presenta a campaña de socios
Por Redacción |
-
A LEB prata xa ten calendario para unha competición que arrancará o 3 de outubro
Por Redacción |