Álex Navajas, experiencia de LEB Ouro para reforzar o xogo interior do Peixe Galego
Por Redacción
O proxecto do Peixe Galego para a súa terceira tempada en LEB Prata segue sumando nomes, e faino con xogadores importantes dentro da categoría.
Tras a fichaxe de Antonio Pantín, xogador formado na canteira do Real Madrid, o club marinense anunciou este venres a incorporación de Álex Navajas.
Trátase dun ala-pivot malagueño de 28 anos e 2,03 metros de estatura que conta cunha ampla experiencia en LEB Ouro, aínda que o seu último equipo foi o Lucentum Alicante de Prata.
A pasada tempada alcanzou 8,5 puntos e 3,9 rebotes por partido, tras pasar anteriormente por equipos como o Breogán, Palencia, Navarra ou o filial do Unicaja de Málaga.
Con estas fichaxes Javi Llorente conta no seu equipo con nove xogadores, os citados Navajas e Pantín ademais de Edmond Koyanouba, Rogers, Alexandre Fernández, Manu Ferreiro, Norman Rey, Emilio Oubiña e Gregorio Adón.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego pesca na NCAA para pechar o seu xogo exterior
Por Redacción |
-
Novo calendario para Peixe Galego e Xuven na LEB Prata
Por Diego Espiño |
-
Equipo galego e de canteira no novo proxecto 'peixe'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Gregorio Adón, terceira renovación no Peixe Galego
Por Redacción |
-
A LEB prata xa ten calendario para unha competición que arrancará o 3 de outubro
Por Redacción |