O pontevedrés Diego Castro fai as antípodas e asina polo Perth Glory australiano
Por Diego Espiño
Despois de catro anos nas filas do Getafe, na Primeira División Española, nos que xogou 129 partidos e marcou 18 goles, o pontevedrés Diego Castro decidiu facer as antípodas.
O futbolista de Lourido, aos seus 33 anos, fichou polo Perth Glory da A-League australiana, a primeira división do país oceánico.
Así anunciouno o seu novo equipo na súa web, na que o xogador pontevedrés confesou aceptar a aventura australiana "con fame de éxitos e a esperanza de gañar trofeos cos meus novos compañeiros".
Castro cre que a liga do país oceánico "é unha competición que está a gañar o respecto en Europa".
Asina en principio por un tempada tras pasar toda a súa carreira en España, empezando polo club da súa cidade, o Pontevedra, dende o que saltou ao Málaga, Sporting de Gijón e o propio Getafe.
Pola súa banda, o propietario do seu novo equipo, Tony Sage, recoñeceu estar emocionado coa fichaxe do galego: "Vino xogando e marcando ante o Real Madrid, telo vestindo a camiseta violeta esta tempada é emocionante para todos", declarou na web do club.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Os cinco mellores goles do 'Maestro' Diego Castro na liga australiana
Por Diego Espiño |
-
Diego Castro goza en Pontevedra as súas vacacións australianas
Por Ramiro Espiño |
-
VÍDEO.- O pontevedrés Diego Castro, elixido mellor xogador da A-League australiana
Por Diego Espiño |
-
Diego Castro, favorito ao premio a mellor xogador da liga australiana
Por Diego Espiño |