O Pontevedra presenta a Ramón Verdú: "Todos me hablan maravillas de la ciudad y del club"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
O equipo do Pontevedra "prácticamente queda cerrado" tras a incorporación de Ramón Verdú, xogador presentado este luns no Estadio Municipal de Pasarón tras participar no primeiro adestramento cos seus compañeiros a primeira hora.
Así asegurouno Lupe Murillo ante os medios de comunicación porque a día de hoxe "no nos quedan fichas senior salvo salidas de última hora", caso que podería producirse se frutifica a negociación con Álvaro Muñiz, que non entra nos plans de Luisito.
Unha desas fichas sénior ocuparaa Verdú, lateral zurdo de longa traxectoria en Segunda B que chega a Pontevedra procedente do Marbella sen marcarse límites.
O futbolista andaluz asegura que foi fundamental na súa decisión de fichar polo club granate a opinión dalgúns ex do Pontevedra como Mikel Azparren ou Pablo Alfaro, o seu adestrador en Marbella, e é que "todos me hablan maravillas de la ciudad y del club, no encontré a nadie que hablase mal", explicou na súa primeira comparecencia.
Asina por un ano e a pesar da súa condición de defensor recoñece que "me gusta mucho atacar, sobre todo a balón parado".
Verdú recoñece que "es díficil encontrarse a un equipo con estas instalaciones y esta profesionalidad", algo que axudou a decidirse polo Pontevedra malia ser un recén ascendido, xa que segundo el non debería ter competido en Terceira e merece "mínimo una categoría más".
A de Ramón Verdú é a quinta fichaxe do verán para o Pontevedra Club de Fútbol.
Relacionadas:
-
Positiva estrea do Pontevedra en Redondela
Por Redacción |
-
Presentado o Trofeo Cidade de Pontevedra ante o Real Valladolid. O Luis Otero, no aire
Por Diego Espiño |
-
Suba de prezos nos carnés de socio para Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Ramón Verdú, reforzo para o lateral zurdo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Borjas Martín aposta por "seguir creciendo como jugador" en Pontevedra
Por Diego Espiño |