Ernesto Lumbreras e Alberto Silla debutan coa Selección Española sub-18 de rugby
Por Diego Espiño
Son os primeiros pontevedreses que se incoporan ás categorías inferiores da Selección Española de rugby e, xunto ao ferrolano José Calvo, os primeiros xogadores galegos que o fan en categoría masculina en varios anos. Ernesto Lumbreras e Alberto Silla volveron xa da súa aventura na concentración de catro días cos técnicos nacionais e nos que compartiron espazo cos combinados absolutos masculino e feminino e co novo seleccionador, Bryce Bevin.
Os xogadores do Pontevedra Rugby Club regresaron de Madrid con sensacións moi positivas, como recoñece Ernesto Lumbreras, "me vi rodeado de los mejores jugadores de España y eso fue increíble. La verdad creo que las cosas me salieron bien".
Tanto Alberto como Ernesto, apertura e medio melé respectivamente, integráronse na disciplina do equipo sub-18 composto por 44 xogadores, dos que 25 compoñerán a base da selección que participará no próximo Campionato de Europa que se disputará en Grenoble (Francia) do 22 ao 30 de marzo, unha cita que se converteu nun obxectivo para eles, "haré todo lo posible para ir porque es como cumplir un sueño para mí", confesa Ernesto.
Relacionadas:
-
Iago Tudela e Raúl Ibargüen, do Pontevedra Rugby Club, convocados pola Selección Española sub-16
Por Redacción |
-
Principe Felipe acollerá un partido de rugby entre as seleccións de España sub-19 e Galicia absoluta
Por Diego Espiño |
-
Dous xogadores do Pontevedra Rugby Club, convocados pola Selección Española sub-18
Por Redacción |